terça-feira, maio 9

8 de maio, peche de campaña

Ola! Onte cheguei abafado á casa. O derradeiro día da campaña electoral conseguiu esgotarme. Comecei o día ben cediño, collendo o coche e, con algúns rapaces dos CAF, que boa man me botaron ao longo de todos estes días, percorrín o campus norte no coche de campaña e fixen unha paradiña na Facultade de Ciencias da Comunicación para tomar un café e, de paso, facer un reparto de papeletas electorais... case me ruboricei coas loubanzas dalgúns estudantes, que me viñan asegurar o seu voto, así dá gusto!
Pola tarde, foi o turno do campus sur, máis reparto de papeletas e tamén un último achegamento á realidade do estudantado, mais non vos aburrirei co tema, que xa abondo vos contei nos últimos días. Xa para pechar o día, o meu equipo electoral en pleno e mais eu, moitos membros dos CAF e unha morea de estudantes xuntámonos no Obradoiro para celebrarmos o mitin de peche de campaña, que podedes ver na foto, e que serviu de boa conclusión a case dúas semanas de propostas, encontros e esperanzas para que, a partir de mañá, a USC sexa mellor. OINK!

10 Comentarios:

At 9/5/06 11:10, Anonymous Anónimo dixo...

Xabarín é o mellor!!
Xabarín Reitor!!

UH AH

 
At 10/5/06 14:00, Anonymous Anónimo dixo...

acabo de chegar do peche de campaña do xabarín!!!q grande!!o obradoiro ateigado!!

Xabarín a reitor!!

PD: é verídico, houbo peche de campaña!!!

 
At 10/5/06 14:16, Anonymous Anónimo dixo...

Fogos artificiais non había pero o resto, nin feito a propósito!

 
At 10/5/06 16:27, Anonymous Anónimo dixo...

Vaya puta copia del Celidonio que presentó Agir hace años, que poca imaginación...

 
At 10/5/06 17:04, Anonymous Anónimo dixo...

Si si, cuspidiño vaia, Xabarín e Celidonio, cuspidiño. Á historia e tamén aos comentarios deste mesmo blog me remito... seica vai haber que patentar a acción política, seguro que a SGAE está interesada. Por certo, moi bo castejano.

 
At 10/5/06 19:55, Anonymous Anónimo dixo...

Hei!!!

Xabarín gañou polo de agora en Historia e Xornalismo. En Psicoloxía quedou como segundo candidato máis votado.

Houbo moitos votos en branco de xente que quixo votar a Xabarín e non puido.

UNha aperta

 
At 10/5/06 21:23, Anonymous Anónimo dixo...

Estimado Amigo:
Pola presente poño no seu conocemento , a celebración do Dia das Letras Galegas no Bierzo , que se vai celebrar o próximo dia 12 de Maio no salón de actos do Edifico de Servicios Multiples do Campus de Ponferreda entre as 5 e as 8 da tarde,e no que nos gostaría muito poder contar coa sua presencia nos actos.

Atentamente o saúda :


Silvia Ribas.
Cirdinadora do Dia Das Letras Galegas no Bierzo 2006.
600627399


DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2006
POR FALA CEIBE


Este ano, na celebración do Dia das Letras no Berzo, Fala Ceibe realizará umha homenaxe a Aquilino Poncelas e a Alícia Fonteboa.

Aquilino Poncelas Abella, é autor dos livros “Contos e Lendas do Bierzo”, bilíngüe galego e español, editado polo Instituto de Estudos Bercianos, em Novembro de 2004, com o patrocínio da Xunta da Comunidade Autónoma de Galiza, a Xunta de Castela e Leom,o Consello Comarcal do Bierzo, o Concello de Ponferrada, o Instituto Leonés de Cultura e Caixa España; “Contos do Bierzo e os Ancares”, editado pola Asociacióm Cultural Carocos, de Val Boa, en 1986; e “Estorias e contos do Bierzo e dos Ancares”, editado em 1992, a proposta da enton existente Mesa para Defensa do Galego do Bierzo e do Instituto de Estudos Bercianos, pola Direciom Geral de Política Lingüística da Xunta da CAG.

Ten publicado numerosos artigos em diversos meios de comunicaciom, asim como participado em innumerables congresos e encontros sobre tradicion popular, literatura oral, etc... Entre os seus artigos, destacamos um "Leonesistas de ficción", publicado no Diário de Leon.

Alicia Fonteboa, é autora do importante livro “Literatura de tradición oral en El Bierzo” (edicion da autora, Ponferrada, 1992); e também co-autora de “Didáctica do folclore literario”. Foi coordenadora do Atlas Lingüístico do Bierzo (ALBI), dirigido por Manuel Gutierrez Tuñón, e comenzado a publicar em 1996 polo Instituto de Estudos Bercianos.

Aprobeitamos com este correo para pedir a máxima difusion dos actos ,e também para invitalo a compartir con nós ese dia tam importante para a Cultura Galega.

SILVIA RIBAS.
SECRETARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO.
600627399.




PROGRAMA


Homenaxe:

Homenaxe a Aquilino Poncelas e Alícia Fonteboa, escritores/as bercianas/os , com umha importante actividade en defesa das tradicions culturais bercianas, publicando vários libros e sendo sempre partidários do ensino da nosa língua no Berzo. Serálles entregada unha escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.

Teatro:
«Espiña de Toxo», interpretada polos nenos e nenas do colégio Compostilla.

Tambén participarán com mais uma interpretación poetico-musical os nenos e nenas dos coléxios Ies Europa, da Placa ,Camponaraia etc...así como outros centros que ainda estám a preparar os seus traballos e que serám confirmados esta semana.

Recital Poético:

Maria Xosé Montero, Artur Alonso Novelhe, Concha Rousia e Igor Lugris recitarám diversos poemas da sua autoria e da autoría do homenaxeado.

Música:

A festa será máxima com as músicas ao vivo da Escola de Gaitas de Ponferrada, Servando Barreiro e a Agrupaçom de Pandeireteiras e Baile Abertal.

Concerto no Pub «A Gatera»

O encerramento da festa será no Pub «A Gatera» com un grande concerto de Servando e Contradança, a apresentaran en terras bercianas o seu disco «Som Voltas». Uma ruada e muitas mais surpresas amenizarám o fin de festa do Dia das Letras 2006 no Berzo

 
At 11/5/06 17:28, Anonymous Anónimo dixo...

Noraboa rapaces! xa tedes catro anos máis pra seguir a facer coma se de verdade vos preocupasen os problemas dos universitarios da USC.. e dentro de catro anos a voltar a pedi-la abstención para que sigamos a vos governar os de sempre... NORABOA CAF!! UA está orgullosa de vós!

 
At 11/5/06 22:13, Anonymous Anónimo dixo...

http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=4761662

A Coz, coma sempre... mentindo

 
At 12/5/06 19:14, Anonymous Anónimo dixo...

barro perdeu en estudantes, e non grazas ao caf.

 

Enviar um comentário

<< Home