quarta-feira, maio 3

3 de maio, Facultade de Ciencias Políticas

Hoxe continuei o meu percorrido de campaña pola Facultade de Ciencias Políticas, e como era mañá cedo, fun almorzar cuns estudantes unhas papas de leite, landras e pan á cafeteria do COIE. Logo de encher o bandullo deron as 9 e fun con eles á primeira clase xa que aínda quedaban moitas cousas que falar... pero case fora mellor esperalos á saída!! Pensei que morría!!! 1h e 30 min de clase, e se aínda fosen divertidas e amenas... pero non!!

O profesor chegou, deu os bos días, sentou, sacou de apuntamentos e comezou a dictar, letra a letra, punto por punto a un ritmo un tanto acelerado ata que rematou a clase que recolleu as cousas e marchou. Os fuciños comezáronme a inchar e estiven a punto de ir detrás del e morderlle o cu por tanta desfachatez. Mais non foi iso o único, senón que aínda por riba deu a clase en castelán, menudo escándalo! bueno o de “clase” deixa moito que desexar, mellor deixémolo en “dictado”.

Contáronme que a maioría do profesorado seguen ese sistema de docencia e que cada curso é igual que os anteriores. Pero o que máis me sorprendeu foi cando lles dixen que me gustaria asistir a algunha clase práctica, onde che ensinan a argumentar e a debater , que iso tiña pinta de ser máis entretido e interesante. A miña pel tornou de cor e o meu suor comezouse a ulir dende a entrada da facultade cando eles me contestaron que non tiñan tal, e que a maioría dos créditos práticos non se daban e se computaban como teóricos ou simplemente lles daban unha data para entregarlles un traballo!! Menudo horror!!

Subimos logo á aula de informática a mirar o correo e de paso facer algúns axustes no blog, pero xa non puidemos pasar do marco da porta porque esta estaba ocupada por un curso para estudantes ERASMUS ata as 12 da mañá que pechaba. Daquela, miramos de volvermos á tarde, pero non abre, así que veña, correndo á Conchi (a biblioteca). Pero o máis gracioso foi que alí tivemos que agardar; 45 min á espera de que algún ordenador quedase baleiro. O máis triste foi cando tivo que vir o garda de seguridade a traerme unha cadeira para me sentar porque me mareei coa calor!!.

A media mañá tocou facer pegada dos cartaces para as eleccións e repartir algúns trípticos anunciando as “Xornadas sobre os movementos sociais” que organizan os CAF da facultade dende onte e ata o día 9 de maio polas tardes, pero quedei parvo cando vin que gardaban o material nun armario pequeno de todo no chamado “local de estudantes”, dinme de conta que tampouco tiñan un local propio para eles porque na facultade non había espacio dabondo.

Un pouco desilusionado coa política impartida nesa facultade de tanto prestixio, despedinme da xente e fun dar unha volta e comer algunhas landras máis pola carballeira de San Lourenzo.

4 Comentarios:

At 4/5/06 02:02, Anonymous Anónimo dixo...

Todos con Xabarín!
Xabarín Reitor!

 
At 4/5/06 14:01, Anonymous Anónimo dixo...

A ver cando dá unha volta polo Campus de Lugo o candidato Xabarín, que tamén existimos!
Ademais, como dirían os profesionais da mercadotecnia política universitaria, ténse que ver a "realidade bicampus".

 
At 4/5/06 16:36, Anonymous Anónimo dixo...

Me parece moi ben que botedes Xabarin. Asi podera sair o candidato Casares e saberedes o que é bo.
Queredes intransixencia, prepotencia e falta de respeto ó galego... Pois o teredes si coa vosa posicion permitides que saia Casares.
Boa sorte!

 
At 4/5/06 19:36, Anonymous Anónimo dixo...

ao que me precedeu.. home, de xabarín reitor al chavalin reitor non hai gran distancia. E para ter un incompetente como reitor, o millor é que saia Casares.

 

Enviar um comentário

<< Home