sexta-feira, abril 28

27 de abril,visita ao Burgo das Nacións

Ola de novo! Onte dediquei a tarde a visitar a Residencia do Burgo das Nacións e os seus arredores. Nada máis chegar ao Burgo atopei algúns estudantes que se ofreceron a guiarme polas instalacións e, de paso, achegarme cales son os problemas fundamentais da que, polo menos durante o curso académico, é a súa casa.

Unha das cousas que máis me interesou foi a cuestión económica, xa que as residencias universitarias son, en teoría, a solución para aqueles alumnos da
USC con menores recursos. Os residentes non tardaron en contarme que nos últimos anos as cotas das residencias subiron un 23%, e que o ano pasado "case quedan na rúa". Todo pola incompatibilidade das bolsas do Ministerio de Educación e as prazas subvencionadas pola propia universidade -outro galo cantaría se as bolsas fosen xestionadas dende Galiza, penso eu-. Seica o ano pasado, a Vicerreitoría puxo un parche no problema coa creación das bolsas de comedor, pero a verdade é que os residentes non están moi tranquilos coa "solución".

Por poñerlle un pouco de humor á cousa, suxerín que se non gaño as eleccións á Reitoría, o mesmo me presentaba á dirección dunha residencia para amañar as cousas dende dentro. Foi aquí cando me enterei que isto sería imposíbel, porque
os directores/as das residencias non se elixen democraticamente, senón que son designados dende a Vicerreitoría, e iso non soa moi... lexítimo.
Como levaba algo de présa, tentei escribir estas liñas no meu blog empregando a rede wi-fi da residencia, pero logo de varias tentativas de conectar, deixeino por imposíbel. Marchei atravesando o patio da residencia e fixen unha foto diante do mural que os CAF pintaron o curso pasado, ben xeitoso por certo. Boa ponte e boa celebración do Primeiro de Maio, oink!

11 Comentarios:

At 29/4/06 18:06, Anonymous Anónimo dixo...

A ver se dunha vez amigos de CAF aportades algo que sirva para algo a nosa Galicia e deixades de perder o tempo e buscar un protagonismo que non tedes por méritos propios.

Sói hai dous candidatos e un conta cos estudientes e o outro segue a pisotearnos... deberiades apoiar ó que pode axudarnos e non traicioar os estudiantes poals vosas merdas polícas co BNG.

 
At 30/4/06 03:53, Anonymous neste mundo todo funciona mal dixo...

¿por que non tedes unha páxina web como deus manda, desde onde podades informar con datos CONCRETOS da problemática, onde os estudantes podan ter máis información sobre os procesos que se están a desenvolver na súa universidade, e tamén expoñer unha memoria económica das actividades as cales destinades as distintas subvencións das que disfrutades e pagamos entre todos? É só unha suxerencia..., non sei, por se vos queredes sentir un pouco útiles...

 
At 30/4/06 03:56, Anonymous o mesmo de antes dixo...

Ah! e se non puideches mandar nada a través da wifi do burgo das nacións, é porque debes dar de alta a túa tarxeta para poder utilizar a rede de residencias da USC de forma gratuíta. Non digo que sexa o procedemento máis correcto, pero non é porque funcione mal, é porque a estás usando mal. Infórmate primeiro antes de criminalizar.

 
At 1/5/06 18:22, Blogger Xabarín dixo...

Ai, que prosmas nos poñemos! De sabelo fico no cortello, que andan as cousas máis acougadas!

A páxina web "como deus manda", se é que un blogue non o é, tela en www.comitesabertos.org (se até a teño de ligazón aquí ao carón). Aí has poder saber do que fan @s amig@s dos CAF todo o ano, que co rabudos que son non paran de rebelarse. O que si que non é un libro de contabilidade, que había ser un coñazo (cando menos a min non me mola mesturar ladras e velocidade), mais fala con eles cando queiras que che han informar do que sexa.

Ah, e xa che vale tomarme por parvo! Cando quixen postear foi dende o cuarto dun compañeiro que anda aburguesado, e foi quen me levou de visita. Polo que contou, as ondas da rede sen fíos deben ir segundo o vento, porque van día si e día non.
OINK OINK!!

E bo 1º de Maio. Hoxe somos estudantes e mañá traballadores!

 
At 1/5/06 21:59, Anonymous Anónimo dixo...

Xabarín, tí que tes man nos CAF coméntalles o seguinte: se optan polo voto en branco e no estudantado non se apañan máis que uns poucos votos a cousa ten mala pinta política (se xa é difícil animar a xente a votar con unha alternativa, polo voto en branco vai a ser complicado de carallo). As estratéxias de voto en branco poden estar ben para realidades como a de Euskadi (xente moi movilizada e para a que o voto en branco ten un significado), pero aquí poden ser máis nocivas que outra cousa. Eu vou ir votar tapando a nariz, pero entre o malo coñecido e o antiguo cargo do PP, o teño fácil. Os CAF xoganse moito nestas eleccións, pero témome que non o ven.
Veña, Xabarín, fai o que poidas ;)

 
At 1/5/06 22:08, Anonymous Anónimo dixo...

Por certo, aou primeiro anínimo: se contar cos estudantes o dís por o trepa de Feás, imos de carallo... por que non é estudante nin farrapo de gaita.
Por outra banda, se ben eu non votei aos CAF na vida, pero coido que a súa labor está fora de toda dúbida. Podes estar de acordo con eles ou non, pero o seu traballo foi de "chapó" (manda carallo ter que leer o de "e buscar un protagonismo que non tedes por méritos propios"). A miña irmá maior estivo metida no CAF toda a sua vida estudiantil e traballou para millorar as cousas (por iso teño esta relación de amor-odio cos CAF). A este paso, e con máis post como o primeiro, inda vou acabar votando algún de eles ;)

 
At 2/5/06 13:01, Anonymous Anónimo dixo...

Personalmente o do Xabarín á Reitoría paréceme unha idea excelente.
As persoas que falaron antes de que Agir xa fixera algo parecido e que nós os copiabamos, hai que dicirlles o seguinte:
1) o de presentar animais como reitores da universidade xa vén de lonxe. Certo profesor de socioloxía prsentara un burro nos 80. Ninguén está lexitimado a dicir que a idea é súa.
2)Os votos de Celidonio non foron contados oficialmente, polo que esa acción de Agir quedou no simbólico. Ao Xabarín dos CAF valo poder votar con papeletas, polo que os votos nulos vanse poder contabilizar, o cal é moi importante.
3)Neste contexto onde hai unha candidatura de concentración das tres plataformas do profesorado e outra dun tipo de cabreado coa dereita. O único que queda era montar unha alternativa que tivese algunha clase de deslexitimase o proceso e fose palapable: O VOTO NULO.

Unha observación: Feás, se non me engano, xa non é estudante. Hai pouco que se doutorou. En canto a idea de que foran estudantes nas listas, antes da lOU si que se podía, de facto no ano 84 e 86 foron, mais agora non.

 
At 2/5/06 21:50, Anonymous Un "burgués" dixo...

Penso que a descrición que fai Xabarín do Servizo Universitario de Residencias, e máis concretamente do Burgo das Nacións, é bastante atinada, incluído o que se refire á rede wi-fi. Non direi que este servizo é algo básico, nin moito menos, mais se a USC inviste unha morea de cartos en instalar Internet sen fíos, o menos que podemos pedir os que a costeamos é que funcione.
Eu, que teño este ordenador rexistrado na rede en cuestión, suxeriríalle a "o mesmo de antes" que probase a conectar a Internet dende a Fase C do Burgo das Nacións. Se dá... será que a min, como a Xabarín, non nos dá a cabeza para usala.

 
At 3/5/06 22:56, Anonymous Anónimo dixo...

Acho que no Burgo nom é necessário ir à fase C, na fase A dá problemas de sobra. Aqui há gente que se conecta desde o Burgo à rede Wi-Fi da Faculdade de Jornalismo porque têm menos dificuldade que com a da própria rési. Sinceramente, eu acho que sim que é um serviço básico.

A respeito da guerra de porcos... que mais dá quem copiou a quem?
(isso sim, original... o que se diz original...)

 
At 4/5/06 10:58, Anonymous Anónimo dixo...

Os candidatos cheiran... Eu quedo co Xabarín, que vos é ben máis limpo.

 
At 1/6/07 11:17, Anonymous Anónimo dixo...

enhoraboa xabarín!!!
gústame o teu traballo e tes toda a razón:levo un ano enteiro no Burgo asegúroche q hai moitas cousas q aínda poden mellorar...

 

Enviar um comentário

<< Home