terça-feira, abril 25

25 de abril, gran xantar e visita a Dereito

Hoxe comezou a miña andaina pola USC para coñecer de preto a situación da Universidade e especialmente do estudantado. Despois de xantar con máis de 1000 estudantes a base de landra da terra e viño do país, fun de visita á Facultade de Dereito.
Alí achegáronse (primeiramente con medo) varias rapazas e rapaces que me contaron cousas moi interesantes. Todos eles levaban abanos porque a calefacción aínda estaba encendida e menos mal que me regalaron un, xa que nada máis entrar deume un sofocón. Dixéronme que había asignaturas nas que aprobar era case imposíbel e nas que os créditos eran máis amplos do normal.
Despois fun con elas/eles ata a aula de estudo. Cando sentei nas mesas atacoume unha dor de costas que xa era habitual nas/nos estudantes de Dereito. Tamén fun a varias clases nas que non entendía o idioma no que falaban os profesores, xa que a docencia non a impartían en galego.

Antes de marchar da Facultade leváronme a visitar a Exposición dos 23 anos de historia dos CAF, na que puiden ver parte do extensísimo traballo que estes realizaron durate a súa existencia. Pasando por diante da biblio que chaman Conchita, case dou cos fuciños no chan ao tropezar cunha das moitas baldosas levantadas e menos mal que non chovía...!!!!
Foi un día moi duro. Espero que mañá sexa máis gratificante a miña próxima visita. oink, oink

13 Comentarios:

At 26/4/06 15:26, Anonymous Anónimo dixo...

Que falta de vergonha!
Esta campanha já a fixo AGIR há uns anos (e vos bem que a criticachedes...)
Ide para S. Caetano, para que vos convidem a um café (café para todos) os vossos carguinhos...

 
At 26/4/06 16:38, Anonymous Anónimo dixo...

si, de vergoña, dende logo, agardaba mais seriedade dunha organiación con mais de vinte anos de historia.
si, votarei xabarin a reitoria.
E a xunta de facultade votarei a songoku, e aos candidatos ao claustro a gatocan.

enfin. de coña

 
At 26/4/06 18:07, Blogger melropreto_2.6 dixo...

Somentes un comentario que debeu ser feito xa hai anos, cando foi que Agir apresentou ao Dom Celidónio:

"Que falla de vergoña!Esta campaña xa a fixeron os yippies hai anos. E outros semellantes houbo na USC polos 60...

En fin, vai haber que rexistrar as patentes de acción política!"

 
At 27/4/06 13:28, Anonymous Anónimo dixo...

A campaña paréceme interesante, sempre e cando se lle de un toque pedagóxico, constructivo, sen faltar ao respecto a ninguén e sen tirarse ao monte. Só así se constrúe páis.

 
At 27/4/06 13:32, Anonymous Anónimo dixo...

Completamente dacordo

 
At 27/4/06 22:26, Anonymous Anónimo dixo...

estades os do caf dacordo co que senen sexa o candidato de universidade aberta, convergencia universitaria e a PUP?

EU NON

Lichedes o programa de Casares para estudantes?

EU SI

Hai diferenzas entre os dous programas (casares vs senen)?

PARA MIN SI

pois coido que se sae casares non estariamos tan mal como se volve sair senen.

na lista de casares vai Paco Duran e Xesús Feás para estudantes. É a primeira vez que unha persoa nova e con ideas a prol do estudantado vai na lista dun reitor.

está ben a campaña de xabarin, pero tamén hai que pensar en votar polo cambio e cara mellor, senen é pesimo ben o sabemos.hai que ser constructivo dalgun xeito.

a min, que perdera senen ,dariame moita alegría. non vamos dicir que todos son iguais, senen ten que dar contas do que fixo, e en o sabemos, aos caf quitoulles parte dunha subvencion por facer un peche na balconada, entre outras. non falemos xa das taxas.

apertas nacionalistas

 
At 28/4/06 10:36, Anonymous Anónimo dixo...

e en serio que podemos fiarnos de casares?
a verdade é que eu del tan so sei o que lin no seu programa e o debate que lin en localia. e en ámbolos dous ámbetos demostra unha clara facilidade para a demagoxia.
para min a mellor opción é votar a Xabarín coma candidato alternativo (que sería entón un voto nulo)e demostrarlle a eses que se presentan para "caciuquear" na USC que o estudantado (coma sector maioritario na Universidade) aínda temos moito que dicir.

 
At 28/4/06 10:38, Anonymous Anónimo dixo...

perdón, quixen dicir "caciquear"

 
At 28/4/06 14:07, Anonymous Anónimo dixo...

pos haberá que sopesar o de casares...non credes?

 
At 29/4/06 12:08, Anonymous estudante claustral do caf dixo...

compañeir@s do CAF

hai 4 anos estabamos en periodo eleitoral, con dous candidatos Sabucedo - Senen. Naquel momento, Universidade Aberta decidiu apoiar a Sabucedo e os CAf a ninguén e propugnamos a voto en branco.

A victoria de Senen foi minima en porcentaxe, pero perdeu nos campus de compostela en tódolos sectores (incruido o profesorado), e en termos xeral perdeu en nº de votos en computo global, salvo o profesorado de lugo.

Sabedes que se houberan votado 150 alumnos máis a opción de Sabucedo, houbera sido el o reitor?

Algúns (coma eu) pensamos que sabucedo era un bo candidato, a outros nos gustaria un candidato daquela máis noso, entendedes non?.

Pero a realidad e que daquela os caf decidimos, non apoiar a ninguén. Se os nosos votos en branco foran para sabucedo, teriamos outro Reitor.
O que si sabemos , por que o sofrimos na pel, é o que significa Senen Barro.

Queredes que vos diga que significará Mayan Santos ( foi senador do PP en españa, e probabelmente , pois asi xa o dixo,candidato do PP á alcaldía de compostela?. queresdes que vos diga o que significará Begoña Barreiro (sí, vai na lista de Senen, por que o seu irmán sabedes quen é verdade? J. Barreiro do PP).
queresde que vos diga o que significará Barro 4 anos máis?

Algúns pensaredes que bueno, está Carreira, Tito ... sí, pero vimos no último Claustro como eses sector co que tiñamos certa concordancia ideolóxica con eles, votaban con senen, igual que os da pup, os de converxencia .. a min me defraudaron.é máis, non terán a forza suficiente , pois converxencia universitaria, os de dereitas, serán os que decidan todo, por simple cuestión numérica en caso de Barro gañar.

COllo o programa de Barro, volve a dicir o mesmo que hai 4 anos, vovle a mintir ... sabemos o que fixo: pechar a residencia do monte do gozo, roubarnos as taxas do segundo prazo da matricula, e roubarnos parte dunha subvención por pecharnos na balconada ( entre outras moitas cousas).

Agora vos vou falar de Casares e a súa candidatura, é a primeira vez que na equipa dun cnadidato vai unha persoa que sempre estivo moi activa e pelexando polos dereitos dos estudantes e dos investigadores en formación, xa sabedes de quen falo, de Feás ( como lle dicía Senen no claustro para rirse del, Feáns), apra levar especificamente a área do estudantado. e para Vic. estudantes a Paco Duran, de xeografía e historia, que non é mal tipo polo que sei da súa actuación na fac. de xeografía.
Lin o programa, e é totalmente disitnto e novo, é máis estou moi totalmente dacordo quizais cun 90% das súas propostas.

O 10 de maio podemos votar a xabarín, e ter os nosos miles de voto (seguro), pero que pasar.a : barro seguirá reitor, se o estudantado masivamente non vota a casares.

xa sei, que quizais casares non é 100 % o que nos gustaría, pero tanto o programa coma a equipa que leva, en temas de estudantado, e radicalmente distinta.

compañeir@s, doeríame moito que virades este mail dunha forma negativa, so vos queria transmitir que temos unha oportunidade única. estou seguro que se o 11 de maio acordamos con senen fora do reitorado, sería unha grande alegría para todos. se sigue senen, cunha victoria minima e con moitos votos de xabarin, íase rir de nos.
o que máis lle vai doer, non son miles d evotos a xabarin, se non perder as eleccións.

vos pido, compañeiros, que o pensedes.
apertas

BARRO FORA DA USC XA ¡

 
At 4/5/06 10:44, Anonymous Anónimo dixo...

Eu penso que a campaña do Xabarín está moi ben. Terlle dado o voto a Sabucedo podía ter sido unha boa opción que nos tería librado de Senén, aínda que a abstención foi tamén unha opción máis que xustificada. Mais votar hoxe a Casares, un tipo ligado ao PP, cunha candidatura claramente oportunista e escorada á dereita baixo unha tea de "academicismo", penso que sería unha burrada, e aos estudantes non nos vai dar nada. Que viva o Xabarín!.

 
At 11/5/06 00:01, Anonymous Anónimo dixo...

sodes uns paiasos. xente como vos sodes dos que lle dan a victoria a Senén.

 
At 3/7/07 02:38, Anonymous Carlos dixo...

"Ide para S. Caetano, para que vos convidem a um café (café para todos) os vossos carguinhos"

Simplesmente brilhante..,

 

Enviar um comentário

<< Home